Como vemos, o uso do vídeo na aula cunha vertente educativa non é cousa recente, e partindo disto, podemos ver que posibilidades ofrece na actualidade o audiovisual e que premisas debe cumprir.
Poderiamos dicir que un audiovisual educativo é un medio didáctico elaborado cun deseño e pedagoxía meditada, que “serve para facilitar ao profesorado ou o instructor a transmisión de coñecemento e ao alumnado a asimilación do mesmo”. Os vídeos educativos deben cumprir un obxectivo didáctico claro e marcado de inicio, máxime se se participa no seu proceso de creación. Convídote a ollar este pequeno vídeo sobre a potencialidade do audiovisual en educación.
Na actualidade os vídeos educativos convertéronse nunha parte importante da educación, sendo unha ferramenta para transmitir contido curricular na aula e na casa durante o proceso de ensino-aprendizaxe, en clases invertidas (flipped classroom ), combinada (blended clasroom) , on- line, de repaso…
Para conseguir un uso efectivo do mesmo, débense consideran tres elementos:
Chegados a este punto habería que diferenzar o emprego de audiovisuais como medio que contén os contidos de aprendizaxe (Ex. unha vídeo lección) e o uso da mesma produción dun audiovisual como vía para adquisición e desenvolvemento de coñecementos e competencias polo alumnado e supervisado polo profesor (Ex. creación dun noticieiro ou dunha curta en equipo na aula). Estes casos podemos velos nos vídeos seguintes:
Se falamos do audiovisual como medio no que se transmiten os novos coñecementos en forma de vídeo lección como é o caso do vídeo de arriba XeoClip, visualizar vídeos, aínda que inicialmente pode parecer pasivo, implica alta actividade cognitiva que é necesaria para a aprendizaxe activa: “as mensaxes instructivas multimedia ben deseñadas poden promover o procesamento cognitivo activo nos estudantes, mesmo cando os estudantes parecen estar inactivos no comportamento”
Pódense citar unha serie de puntos interesantes polos cales o vídeo educativo sería interesante empregalo na aula: