Pódese deixar a cámara fixa ou poñer a unha persoa ao cargo da cámara para que siga os movementos do docente coa súa audiencia. Tamén existen aplicacións para estabilizadores que teñen unha función de seguimento (isto é posible co software que traen algúns estabilizadores para móbil ou coa osmo pocket, por exemplo). É importante onde se coloque a cámara, xa que o tipo de encadre inflúe na motivación do alumnado co vídeo.
Nos exemplos na rede podemos ver varios tipos de plano dentro desta modalidade (acconséllase botar un ollo á sección de tipos de planos se non se coñecen):
Adoitan contar cun encerado onde se vai organizando a lección tal e como se faría nunha clase con alumnado.
Os resultados varían en función do plano escollido para gravar ao profesor. Sendo máis interesantes os planos medios ou americanos pola súa maior proximidade, aportando confianza e detalle ao alumnado. Desaconséllanse as vídeo leccións nas que predominen demasiado tempo os planos xerais da aula desde atrás.
Por suposto, o recomendable visualmente é combinar os anteriores.