Aprender cantando achega numerosos beneficios na educación. As cancións son un poderoso instrumento educativo que se utiliza para memorizar poemas, leccións de clase ou mellorar a dicción. É unha maneira de facer o proceso de ensino aprendizaxe, máis lúdico, emocionante, rítmico e de gozar ao tempo que aprendemos.
Grazas á letra ou a música dunha canción, podemos chegar a emocionarnos ou mellorar o estado de ánimo.
As cancións son tamén grandes aliadas á hora de tratar problemas de linguaxe. Moitos nenos/as atopan serios problemas á hora de pronunciar determinadas palabras. Con axuda das cancións, o/a neno/a traballa estes problemas sen que supoña moito esforzo.
Pode ser o xeito de parodiar unha canción ou un estilo cun tema que apriori non lle resulta moi apetecible ao alumnado. Por suposto, facer un vídeoclip é unha actividade moi estimulante para traballar por proxectos un grupo, unha aula ou todo un centro educativo.
Dentro desta categoría poderiamos atopar os Lipdub que estiveron moi de moda hai uns anos.