Úsase para vídeos procedimentais nos que se explica o funcionamento de programas ou para facer presentacións de vídeo leccións narradas cunha voz en off.
Podemos usar software específico que capture a pantalla como Camtasia (https://www.techsmith.com/video-editor.html) ou solucións gratuítas como OBS Studio (https://obsproject.com/es/download), loom ou screencastomatic. Actualmente tamén é posible facer isto usando apps de tablets e smartphones, ou incluso facendo unha captura de pantalla desde o terminal.
As presentacións narradas poden ser do estilo “ khan academy” que seguen o ritmo dunha escritura dixital ou do que usa unha presentación de diapositivas.
Adoitanse capturar presentacións de diapositivas, usando o punteiro do rato como marcador resaltado ou algunha aplicación que permita escribir combinado cunha tableta dixitalizadora ou as novas tabletas con bolígrafo dixital.