Time Lapse

A técnica de time lapse emprégase para rexistrar ou documentar períodos de tempo moi longos, ou movementos demasiado sutís para o ollo humano como o movemento acelerado nas nubes dunha tormenta, a apertura dos pétalos dunha flor, o transcorrer dunha obra de enxeñería ou o cambio físico dunha persoa ao longo dos anos. 

As películas de cine sacan 24 fotos por segundo. En time lapse sácase unha foto cada poucos segundos,  ou incluso ao cabo de minutos e horas. Deste xeito e por intervalos de tempos longos a moi longos, obtéñense centos ou miles de fotos, que reproduciranse xuntas a unha velocidade de 24 cadros por cada segundo (aínda que isto pode variar)

Exemplo. No vídeo destas nubes saquei unha foto do ceo cada 10 segundos na primeira toma e logo cada 5 segundos (por espazo de media hora) . Logo editeinas para que se reproducisen 30 fotos por segundo. O movemento circular conseguino montando unha gopro a un reloxo de cociña a través dunha sinxela bricolaxe.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos y para fines de afiliación y para mostrarte publicidad relacionada con sus preferencias en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad