Vídeo interactivo ou hipervídeo

O  hipervídeo é un concepto relativamente recente no que o vídeo usado que pode ter diferentes formatos, pode estar estruturado dunha maneira non lineal e ao que se lle engaden  links espazo- temporais. 

Na blibliografía científica fálase de hipervídeo homoxéneo cando o propio vídeo é o único medio implicado e consistente nunha información audiovisual dinámica presentada como unha corrente continua de imaxes que pode ser navegable polo usuario (hoxe en día calquera vídeo entraría dentro desta categoría, xa que os reprodutores integran unha barra de desprazamento); mentres que chamamos hipervídeo heteroxéneo cando integra outros medios, achegando capas de ampliación multimedia con texto, animacións, outros vídeos ou cuestionarios que o ilustran ou o complementan. Cando se trata desta última modalidade, ás veces adóptase o nome de “ hyperlinked vídeo” ou “vídeo  based  hipermedia”.

Hai diversos programas que permiten facelo como Articulate Storyline (o software é caro aínda coa licenza educativa, ten unha curva de aprendizaxe lenta pero ten un potencial enorme), aínda que recentemente xurdiron plataformas online como EdPuzzle que permiten facelo de xeito moi doado (ten unha versión de balde e é moi doado de empregar).

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos y para fines de afiliación y para mostrarte publicidad relacionada con sus preferencias en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad