Vídeos aéreos

A baixada dos prezos dos drons e a súa conseguinte democratización, fixo que obter secuencias aéreas sexa máis doado que nunca. Isto permite ofrecer encadres moi representativos para o ensino da xeoloxía, paisaxe ou a arquitectura. Ábrese así a posibilidade de facer encadres de gran plano xeral e coa suficiente altura como para dar unha perspectiva salientable a diferentes estruturas, sexan da natureza como do ser humano.

De igual xeito, para calquera outro tipo de materias ou proxectos, poder contar con tomas aéreas que contextualicen a acción ou o lugar a explicar nunha lección, enriquece moito o noso audiovisual e fanno máis atractivo.

Un caso moi concreto é a serie de paisaxe do proxecto “XeoClip” e o de “Geología en el Campo”.

Lembra que para usar un dron hai que cumplir unha serie de normativas, aínda que este sexa de xoguete. Podes consultar toda a información na web da Axencia Española de Seguridade Aérea (AESA) para drones https://drones.enaire.es/ así como os mapas coas zonas restrinxidas e reguladas ao tráfico aéreo (prohibido voar nada nun radio de 8 km a un aeroporto, as multas son cuantiosas). Outra cousa a ter en conta é que aínda que AESA che permita voar,  no espazos da Rede Natura precisarás un permiso expedido pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da provincia onde realices o voo.

https://guiadrones.com/base-de-conocimiento/mejores-drones-para-la-educacion/

https://www.vermislab.com/drones-en-educacion/

https://www.dji.com/es/products/steam

https://www.gciencia.com/videonautas/riqueza-xeoloxica-de-galicia/

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos y para fines de afiliación y para mostrarte publicidad relacionada con sus preferencias en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad