Existen moitos tipos de documentais e isto vai depender do tratamento da figura do narrador/presentador ou narradores, se aparece unha voz en off, a secuencia cronolóxica, natureza da materia a tratar; recreacións, imaxes, infográfías, animacións… e un longo etcétera que daría para un único curso.
Hai que ter en conta que se o documental transcorre no exterior, o proceso de gravación complícase moito máis. Ruídos de fondo e vento, diferenzas de luz, días de chuvia que complican o imposibilitan a gravación, etc. Pero falaremos disto un pouco máis adiante.