Vídeoleccións con presentador

https://vimeo.com/497086205

Neste tipo de vídeo, a persoa que explica soe aparecer nun plano medio ou americano superposto á información (unha diapositiva, unha imaxe…un vídeo).

Con frecuencia recórrese ao emprego dun croma aproveitando diversos programas para ordenador e apps para dispositivos móbiles que permiten sacar partido do mesmo. Este soe consistir nunha tea verde ou azul que durante a edición desaparecerá para deixar ver o multimedia subxacente.

Polo xeral soen abondar os exemplos de plano americano, plano medio ou combinacións dos mesmos. Nos vídeos máis traballados soen intercalar os anteriores planos con outros medio curto ou un primeiro plano.

Incorporar o profesor na explicación permite gañar linguaxe xestual ao recoller os movementos das mans e podendo explicar e sinalar sobre a imaxe de atrás en contexto. Isto tamén permite a incorporación dun intérprete de signos se é preciso. 

Nas apps para tableta salientamos Touchcast. Para ordenador temos diferentes programas.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos y para fines de afiliación y para mostrarte publicidad relacionada con sus preferencias en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad