Que é un audiovisual?

Primeiramente, hai que definir, de forma xenérica, que é un audiovisual. Pódese definir como a integración e interrelación plena e sinérxica entre o auditivo e o visual co obxectivo de producir unha nova realidade ou linguaxe, xa que a percepción é simultánea. Créanse así novas realidades sensoriais e plásticas mediante mecanismos como a harmonía, a complementariedade, o reforzo e o contraste.

Inicialmente cando o cine era mudo, a finais do século XIX, adoitábanse facer proxeccións acompañadas de música en directo (normalmente piano) para potenciar o efecto da imaxe co son. A inicios do século XX, coa chegada do photoplayer en 1910 ampliouse a capacidade expresiva da música acompañante, xa que este incluía o órgano, o piano, percusión e elementos accesorios para facer efectos especiais gañando a experiencia en expresión.

Ben Turpin e o photoplayer. Xuño-Agosto do 1922. Dominio Público

En 1927 xorde o primeiro largometraxe audiovisual sonoro comercial, o cantante de jazz. Isto marcaría o punto de partida para o que viría despóis, xa que na década dos anos 40 o cine sonoro gañaría a partida ao mudo convertídose nun fenómeno xeralizado en todo o mundo. A capacidade para transmitir e contar historias era moito maior cando se producía a combinación da imaxe e o son.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos y para fines de afiliación y para mostrarte publicidad relacionada con sus preferencias en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad