Se o que imos facer é gravar a pantalla do noso ordenador e/ ou audio que sae polos altofalantes con algún programa, ao tempo que narramos con voz unha explicación; o que precisamos é un ordenador, un micrófono de diadema ou de estudo e /ou unha webcam (se gravamos a imaxe do presentador).
A computadora é importante que non teña unhas características moi básicas, xa que doutro xeito podemos ter colgues continuos. Un programa como Camtasia pide mínimo un i5 a 2 GHz, 4Gb de RAM (aínda que se recomendan 16) e se ten unha gráfica adicada, moito mellor. A edición de vídeo require de equipos potentes. É importante que miremos os requerimentos mínimos do software que usemos para ver se as modificacións do noso equipo se axustan.
Se usamos un portátil non soe ser boa idea usar o micrófono que trae por defecto, xa que a colocación e calidade non acostuman ser óptimas. Ademáis de que adoita haber ruidos de ventilador, teclas…etc. Os máis usados son os micrófonos de diadema e os de estudo (podes velos con maios detalle no aparatado de micrófonos) e que poidamos colocar preto da nosa voz. Se usamos unha webcam, estas traen un micro incorporado bastante bo como é o caso da Logitech c920, polo que se estamos preto dela non sería indispensable outro micrófono.
Cando coloquemos a webcam (non imprescindible para facer unha captura en vídeo da pantalla) para gravar a imaxe da persoa que fala é importante que esta estea situada á altura da nosa cara e non esté demasiado angulada. Para iso podemos elevar o portátil colocándoo sobe uns libros (aínda que tamén venen unha especie de atriles específicos). Debemos mirar á webcam, xa que a sensación de quen nos ve é que lle miramos aos ollos.
Non debemos colocarnos a contraluz, evitando ter unha fiestra ás nosas costas ou unha fonte de luz forte.
Podemos mellorar a calidade da gravación se lemos os capítulos dos apuntamentos sobre son, luz e fondos que están neste curso.
Os programas que podemos usar son varios: obs studio, camtasia studio, ezvid ou a aplicación online, loom ou screencastomatic… Tamén existen diferentes gravadoras para Linux: https://itsfoss.com/best-linux-screen-recorders/
Aquí podes ver o titorial feito para Screencastomatic ou Loom. Aínda que no seguinte módulo faremos unha captura de pantalla e voltaremos a eles.
Deste xeito podemos facer vídeoleccións e titoriais a partir de todo o que se poida amosar na nosa pantalla: presentacións de diapositivas, pdf, manexo de programas, navegación por unha web …
Posterioremente poderemos editar o vídeo con algún programa de edición. (Non esquezas ler os apuntamentos sobre como facer unha captura de pantalla de “10”)
Tamén podemos facer unha captura de pantalla con algunha das apps que hai para tabletas e móbiles, así poderemos facer anotacións e pintar sobre as nosas diapositivas. Unha opción moi interesantes é Explaing everything EDU, é de pago e das máis completas, estables e multiplataforma, aínda que hai moitas outras: ShowMe, educreations ( sóIOS)…