Lista de comprobación antes de gravar un vídeo

Lugar de gravación

  • Preparaches a zona de atrás do teu presentador ou actores e ten o aspecto que pensaches previamente?
  • Hai algo no fondo da toma que non queres que se vexa:? fotos inapropiadas ?, información sensible?, pintura riscada na parede? manchas? está escunchada? 
  • Puxeches o teu teléfono e os do teu equipo en modo avión?
  • A zona é a apropiada e está tranquila sen ruídos molestos e fóra de posibles interrupcións?
  • Avisaches á xente darredor que vas gravar para que sexan pacientes e non fagan ruído?

Iluminación

  • Hai suficiente luz? Se é a resposta NON…podes facer a gravación noutro intre con máis luz, acender luces, colocar uns flexos, abrir persianas… 
  • Teño ao meu protagonista a contraluz (fontes de luz fortes ás súas costas como fiestras, portas abertas ou o sol). É o que querías?. Se a resposta é NON, proba a axustar as luces que o provocan ou cámbiao de situación.
  • Teño luces adicionais. Focos, flexos… comprobaches se hai baterías para cargalos ou enchufes preto? (considera levar regletas e prolongadores). 

 Trípode

  • Nivelaches o  trípode?
  • Tes unha un adaptador para a túa cámara ou dispositivo móbil e ancoralo ao teu     trípode? O trípode pode coa túa cámara?
  • A que altura está a cámara comparado co teu presentador? Evita picados ou contra picados excesivos a non ser que o esixa o guión.

Cámara e Encadre

  • Realmente o vídeo que querías facer era nun formato vertical? estás seguro?
  • Está o elemento a filmar á distancia correcta para o plano que tiñas en mente? Lembra facer planos: detalle, de medios e enteiros ou americanos para unha vídeolección.
  • Está o teu presentador ou elemento colocado no sitio correcto do teu encadre? .Lembra unha regra básica de composición: Regra dos Terzos.
  • Tes tarxetas de memoria suficientes en un par de extras para eventualidades?
  • Limpaches a memoria do teu dispositivo móbil para que non te quedes sen espazo?
  • Tes suficiente batería para o teu teléfono ou dispositivo móbil
  • Baterías de recambio?. Powerbanks se usas móbil?

Movementos de cámara

  • En caso de habelos no teu vídeo, tes un estabilizador? e un un deslizador, un monopatín, cedeira con rodas, unha alfombra para tirar dela?
  • Se non tes nada do anterior, practicaches antes de facelo e comprobar o resultado? lembra desparazarte co “paso do ninja ou avestruz”.

Micrófono

  • Tes un micrófono?
  • Tes os cables apropiados ou conectores para o teu micrófono? Os da cámara e  ordenador non valen directamente, hai que engadirlles adaptador. Traes adaptador?
  • Está conectado? E o cable de extensión (de habelo)?
  • Está colocado onde debe estar? A distancia debida?
  • Está o suficientemente preto do teu presentador?
  • Se sae o micro no plano, é iso o que queres?
  • Fixeches probas de son? Para confirmar que se recibe a señal do micro?
  • NON tes micro: podes colocar un móbil (en modo avión) preto do protagonista para que grave o audio?

Auriculares e son

  • Tres auriculares para escoitar con calidade o audio do gravado nas comprobacións?
  • Podes oír sons non desexados e Ruídos? (preocúpate, para un segundos e busca a solución)
  • Podes oír o teu narrador claramente sen ruídos ou sons ” implosivos” (sons de estalido) de  p,  t,  k, e sons similares)? Se se escoitan, proba a poñer unha espuma ou un peluche cola de rata ao micro ou proba a alonxalo.

Roupa

  • Levades roupa verde/azul e ides usar un croma verde ou azul? Mala idea. Cambia a roupa
  • A roupa fai moiré? Cámbiaa antes de comezar
  • Tes pendentes ou xoias que fagan ruidiños ao moverse? Fóra!
  • A roupa fai ruídos ao tocar o micro? Cámbiaa ou proba a poñer mellor o micro (colocar o cable polo lombo é o apropiado). podes fixar o cable con esparadrapo…

Guión-  Storyboard

  • Non tes guión? Preparate para aprender polo camiño das adversidades! 
  • Non tes guión, pero tes un borrador cos puntos claves a tratar. Pensa antes ben o que vas dicir antes de darlle a gravar. Deixa os puntos clave preto.
  • Tes guión? Ben! primeiro paso para aforrar tempo. Repasáchelo na casa ou antes de entrar agravar?
  • Trouxéches o guión técnico? Tes copias para repartir entre o equipo? Discutíchelo con eles?
  • Lápis e ou subliñadores  para anotar, facer cambios ou suxerencias sobre a marcha..etc?

Outros:

  • Trouxeches cargadores de batería por se se prolonga a gravación?
  • Listas de rodaxe cos elementos que precisas (atrezzo, elementos cos que interactúas…)?
  • Trouxeches un peite e/ ou maquillaxe para os máis pizpiretos e fachendosos?
  • Unha goma de pelo para unha melena que non para con moito vento?
  • Permisos de gravación? Autorización de dereitos de imaxe?

Específico para exteriores:

  • Consultaches a previsión meteorolóxica dos días de gravación?
  • Se gravas en costa sabes a que horas son as mareas?
  • Coñeces o tempo que tardas en desprazarte?
  • Tes os permisos de rodaxe para as localizacións?
  • Botaches gasolina ao coche?
  • Levas uns bocatas, froitas, galletas, auga por se a cousa se demora máis do previsto?
  • Sabes o tlf de emerxencias? Indicaches a túa familia/ amigo a onde te desprazas por se acaso pasa algo?
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos y para fines de afiliación y para mostrarte publicidad relacionada con sus preferencias en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad