Curso 1. Iniciación
Obxectivos:
- Descubrir os principais usos e tipos de vídeo en educación.
- Coñecer o concepto de aula invertida (Flipped classroom) e mixta.
- Crear estratexias e usar ferramentas para crear interactividade co vídeo na aula.
- Dotar de estratexias ao profesor para que poida elaborar os seus propios vídeos educativos.
- Coñecer e usar diferentes apps de dispositivos móbiles que permiten crear vídeos multimedia.
- Realizar a técnica de croma key.
- Coñecer e aplicar o fluxo de traballo para crear un vídeo educativo.
- Aprender a usar dispositivos dixitais para gravar vídeos (cámaras e dispositivos móbiles).
- Introdución e manexo básico de capturadoras de vídeo (screencasting).
- Distribuír vídeos a través da creación dunha canle en YouTube .
Contidos
- O vídeo en educación: diferentes usos e tipoloxía, optimización da duración e estrutura. Xénero documental, vídeo titoriais, vídeo leccións, VR ou 360º, interactivos…
- A clase invertida (flipped classroom) e combinada (blended learning)
- Dinamización de sesións de aula con vídeo: Kahoot e Socrative.
- Solucións online que permiten interactividade: Edpuzzle.
- Fluxo de traballo:
- Preprodución: elaboración de guión e storyboard, busca de material que apoie o noso vídeo (texto, imaxe, vídeo, son..). Materiais con copyright, libres e Creative Commons. O buscador de contidos CC search. Repositorios multimedia. Principais tipos de planos, angulación e movementos de cámara. Elaboración e optimización de diapositivas power point para usalas de base na gravación de pantalla (screencasting) usando Camtasia Studio.
- Produción: Principais tipos de cámaras, dispositivos móbiles e webcams. Creación de vídeo leccións coa app Explaing everything en dispositivos móbiles. Apps para a creación de vídeo.Introdución a técnicas de Stop motion, Time lapse e chroma key (app Touchcast) con dispositivos móbiles. Rodaxe de vídeo con dispositivos móbiles e cámaras. Suxeición correcta de cámaras e dispositivos móbiles. Encadre, enfoque e medición da luz.
- Prot-produción :Edición básica de vídeo con Camtasia studio e . Creación de proxectos básicos. Importar e agregar elementos multimedia á liña de tempo, edición básica con dous canais: reordenar, cortar e dividir clips. Destacado do movemento de cursor.
- Exportado: Exportar o proxecto e xerar un vídeo. Compartir vídeos a través de YouTube. Crear unha canle, subir material e crear directos.