Obxectivos
- Dotar de estratexias e ferramentas ao profesor para que poida elaborar os seus propios vídeos educativos.
- Analizar os elementos importantes para optimizar a calidade e efectividade do vídeo educativos
- Coñecer as diferentes licenzas Creative Commons
Optimizar a busca de material para os nosos vídeos. - Crear un set de gravación básico, con chromakey e teleprompter
- Gravar con cámara réflex e dispositivos móbiles
- Coñecer e usar os diferentes tipos de micrófono para mellorar a calidade de audio das nosas gravacións en vídeo.
- Video produción avanzada con Camtasia Studio
- Crear vídeos interactivos inserindo cuestionarios con Camtasia Studio e Edpuzzle
- O vídeo en educación: diferentes usos e tipoloxía, optimización da duración e estrutura. Señalización e interactividade.
- Principais tipos de planos, angulación e movementos de cámara.
- Manexo básico das cámaras. Cámaras compactas, acció, bridge, réflex, sen espello e imaxes aéreas con dron. Ópticas. Fluxo de traballo en vídeo produción para crear unha vídeo lección ou vídeo titorial:
- Preprodución: Fases para a creación dun guión. Busca de localizacións
- Produción:
- Capturas en vídeo de tableta dixital. Screencasting da pantalla do ordenador con Camtasia Studio.
- Montaxe dun set de gravación básico. Iluminación (focos e pantallas), reflectores, dispositivos de gravación ( cámaras, dispositivos móbiles: teléfonos e tabletas). Tipos de micrófonos. Trípodes, adaptadores para móbil e estabilizadores para gravar en man. Chromas: tipos e colocación. Emprego de teleprompter con tabletas, móbiles e portátiles.
- Encadre, enfoque e medición da luz. Focal, diafragma e sensibilidade ISO. Temperatura de color.
- Post-produción:
- Edición avanzada con Camtasia Studio: Creación dun proxecto. Descarga e importado de vídeos e multimedia. Edición avanzada de vídeo e audio: corte e división de clips de vídeo; nivelado do son e limpeza de ruído ambiental; efectos visuais do cursor. Uso de pistas múltiples, zooms, vídeo/imaxe sobre vídeo, adición de efectos sonoros e animacións, creación de chamadas de atención e títulos/créditos.
- Vídeos interactivos con cuestionarios inseridos dentro do vídeo.
- Exportado:
- Produción e randerizado do vídeo con Camtasia Studio: formatos de vídeo, calidade de vídeo-audio, creación de vídeos SCORM para subilos ás aulas do noso LMS (ex Moodle) . • Elaboración de vídeos interactivos usando Edpuzzle
- Licenzas Creative Commons, Dominio Público e Copyright. Como crear e compartir vídeo educativo respectando os dereitos de autor.
- Distribución dos vídeos. Creación dunha canle en YouTube. Creación de listas de reprodución. Subida de vídeos á plataforma. Ferramentas de edición de Youtube: axustes básicos, difuminado de caras, substitución de audio por música con licenza CC. Seguimento e análise dos nosos vídeos coa ferramenta Analaytics.
- Distribución de vídeos usando a plataforma Moodle. Subida dun SCORM de vídeo con e sen cuestionario